INDEXADA OU FIXA?

Con E.nova Index o consumidor paga exactamente o custo real da enerxía, xunto a unha marxe operativa, transparente e estipulada por contrato. Nesta modalidade E.nova Enerxía actúa como representante directo dos clientes no mercado eléctrico, garantindo ás empresas un maior potencial de aforro a través dos prezos máis baixos, similares aos que desfrutan os moi grandes consumidores.

  • Aforro anual garantido
  • Maior potencial de aforro
  • Prezo suxeito ó mercado
  • Facturación mensual
  • Sen permanencia

PREZO INDEXADO

O prezo da enerxía en cada hora ven dado polo prezo da enerxía no mercado, máis un pequeño suplemento operativo por parte de E.nova Enerxía:

PREZO = PREZO MERCADO + CUSTE OPERATIVO E.NOVA

Para cada hora, o importe da enerxía é o produto do prezo nesa hora polo consumo nesa hora. Para o conxunto do mes, o importe do termo de enerxía é a suma de tódalas horas.

A tarifa INDEX é sempre máis económica, xa que a comercializadora non debe reservar unha prima de risco. Como único aspecto negativo, o importe de facturación varía mensualmente, ata un 20% aproximadamente (por arriba ou por abaixo) sobre o prezo medio.

Para compensar esa variabilidade na tarifa, E.nova Enerxía fará ó final do primeiro ano de contrato un estudo de aforro para os clientes con tarifa INDEX , para lle demostrar o aforrado. Se non aforrou, devolveríaselle a diferencia na vindeira factura.

Con E.nova Classic o consumidor paga a tarifa de sempre, cun prezo fixo pola enerxía no que as marxes comerciais son opacas e optando a un menor potencial de aforro.

  • Maior estabilidade, menor flexibilidade no consumo
  • Tarifas por períodos marcadas por contrato
  • Menor potencial de aforro
  • Facturación mensual
  • Sen permanencia

PREZO FIXO

 O prezo da enerxía é un prezo fixo por kWh dentro de cada período tarifario, dependendo do contrato de acceso.

Baixa tensión: 2.0A, 2.0DHA, 2.1A, 2.1DHA, 3.0A

Alta tensión: 3.1A, 6.1X 

 
 
É dicir, trátase do contrato clásico de suministro de electricidade, pra o que E.nova Classic tamén dispón de ofertas especializadas en cada cliente.
 

 

NUNHA OLLADA

O potencial de cada tarifa

Te llamamos?

Al enviar este formulario, confirmo que he leído, entiendo y acepto los términos de uso

Rúa da República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
A Coruña