A enerxía fotovoltaica en comunidades de veciños

O sol é unha importante fonte de enerxía, pero o seu aproveitamento xerou moitos debates, e non menos polémicas, que mesmo chegaron a procesos xudiciais.Un dos temas máis actuais é o que se refire ao aproveitamento fotovoltaico en comunidades de veciños.

Ata o de agora a lexislación só permitía o auto-abastecemento enerxético a través de instalacións de uso particular, é dicir orientadas a un único punto de subministro.Así, no caso das comunidades de veciños, víñase permitindo só instalacións fotovoltaicas para os consumos comúns (ascensores, luces interiores e exteriores, etc.) ou os consumos dun único domicilio.Pero as comunidades que quixeran promover o auto-abastecemento a través de instalacións produtoras de uso colectivo, orientadas a varios puntos de subministro, batían de fronte coas normativas que o prohibían.

Un fallo do Tribunal Constitucional pode cambiar a cousas, grazas a un recurso da Generalitat de Cataluña ao Real Decreto 900/2015 de Regulación do auto-consumo eléctrico. A sentenza abriu unha porta ao aproveitamento colectivo do auto-abastecemento enerxético.

Da prohibición demos un salto á permisividade dentro dun marco xeral con distintos matices.Non habendo unha posición monolítica ó respecto, múltiples expertos sinalan que habería posibilidades de que as comunidades de veciños puideran beneficiarse da rendibilidade desta fonte limpa sen incumprir a normativa inicial.

Isto significaría que un grupo de veciños podería instalar paneis de maneira conxunta para alimentar os seus consumos domésticos particulares.Sen dúbida un avance no campo das enerxías renovables e no seu aproveitamento orientado a auto-consumo.

Aínda que polo de agora resulta afastada a idea de poder abastecernos integramente coa enerxía fotovoltaica, non só polas propias leis, senón tamén pola falta de espazo e oscilacións na produción, esta é unha alternativa atractiva que vén experimentando grandes melloras e crecementos nos últimos anos.

Todo aforro sempre repercute positivamente nas economías familiares, e a fotovoltaica é unha oportunidade neste sentido. Sen embargo, moitas familias aínda non son conscientes desta realidade.

Nunha xornada sobre o tema celebrada en Madrid, o director comercial de Rede-Fotovoltaica, achegou unha fotografía moi representativa.Menos do 1% dos usuarios están interesados na enerxía fotovoltaica a pesar das súas vantaxes.

Tendo en conta estas cifras, de se consolidaren os avances normativos que abran novas posibilidades, é de esperar un aumento do interese dos consumidores pola enerxía fotovoltaica.