Aforra na túa factura eléctrica este nadal

O Nadal é unha época onde por regra xeral, aumenta o gasto dos fogares, con celebracións, agasallos e un maior consumo en todos os aspectos. Tamén no consumo de enerxía. Un estudo publicado pola Rede Eléctrica Española advertía que o consumo subía un 28% nestas datas, sobre todo porque pasamos máis horas na casa.

Aínda que poida parecer o contrario, os adornos do Nadal supoñen un 3% do consumo. A clave do gasto está na cociña e tamén nos electrodomésticos. Pero todo suma. Para tentar amortecer ese crecemento na nosa factura, podemos ter en conta distintos consellos que nos axudarán en menor ou maior medida.

En primeiro lugar se aínda non o fixemos, a tecnoloxía LED é unha boa opción. Ten unha maior vida útil e xera menos consumo. Sempre é un bo recurso optar pola enerxía intelixente, que che ofrece transparencia e descontos.Coa entrada do novo ano podemos facer unha aposta polo aforro e por unhas tarifas máis acordes cos nosos hábitos de consumo. Se temos unha árbore de Nadal iluminada, se cadra é hora de facer unha renovación e cambiar as vellas guirnaldas incandescentes por lámpadas LED. E se tes un Belén con figuras en movemento, tamén poderías controlar os horarios de funcionamento, algo extensible á calefacción eléctrica.

O control da temperatura é importante. Tamén hai outras opcións como aproveitar a calor residual do forno, as placas de indución ou utilizar electrodomésticos eficientes.Algo moi sinxelo pero interesante sobre todo nos fogares máis habitados durante estas festas, é vixiar e apagar as luces cando non sexa necesario telas acesas. E nestas xornadas as luces das velas poden engadir un punto de romanticismo e tamén aforro nas nosas casas.