Das luces da botica á enerxía intelixente

Hoxe en día podemos camiñar baixo os farois do alumeado público que hai en aldeas, vilas e cidades. Podemos cargar o noso móbil en distintas zonas das nosas casas case sen nos mover. A luz é un ben básico e imprescindible e o debate está máis centrado no aforro e a eficiencia ca no propio servizo. Pero todo ten a súa historia.

En 1852, Francisco Domenech cumpría o seu soño e lograba iluminar a botica da súa propiedade. Isto sucedía en Barcelona e considérase como a primeira aplicación práctica da electricidade. O mesmo ano, en Madrid iluminábase a praza da Armería e o Congreso dos Deputados mediante unha pila galvánica.

Tiveron que pasar algo máis de dúas décadas para que se empezase a xestar a chamada industria eléctrica. Tamén en Barcelona, en 1875, Xifra & Dalmau fornecían electricidade a distintos puntos da cidade condal con motores de gas que impulsaban ás máquinas Gramme, para obter o enerxía eléctrica desexada.

Electrificación de grandes cidades

En 1877 comeza funcionar o primeiro ascensor eléctrico do estado español, e catro anos despois créase a Sociedade Española de Electricidade cun capital de 20 millóns de pesetas. Esta entidade promocionou a electrificación de grandes cidades como Barcelona, Madrid, Valencia ou Bilbao. Pero foi Xirona, a localidade na que se inaugurou (en 1886) a primeira rede de iluminación pública.

Os anos seguintes serían de regulación do incipiente mercado eléctrico. Ó tempo que medraba, a administración ía aplicando novas normativas. E continuaba a progresar na recta final do século XIX e nos sucesivos. Ata os nosos días.

Os grandes avances da historia provocaron unha mensaxe vangardista no seu momento e mesmo suscitaron importantes debates. Aquelas luces que relucían na botica do Sr. Domenech eran a aposta pola enerxía intelixente á que hoxe podemos acceder sen complicacións, para garantir o aforro, a atención personalizada, o compromiso ambiental e un servizo satisfactorio.