O consumo eléctrico nas smart cities

Na actualidade estase a falar moito das “smart cities”. Pero que son as smart cities?. As chamadas cidades intelixentes son as que aplican tecnoloxías da información e da comunicación para garantir o desenvolvemento sustentable.

As estratexias fundamentais aséntanse sobre o piar enerxético. A diminución do consumo e a redución das emisións de C02 son obxectivos prioritarios.

Por iso preténdese poñer en valor o uso de paneis fotovoltaicos nas comunidades, a potenciación dos vehículos eléctricos e das bicicletas, e medidas que fai anos poderían ser inimaxinables como a implantación de muíños eléctricos nos farois ou a instalación de paneis solares nos semáforos.

Pero tamén se propón a potenciación das tarifas eléctricas dinámicas, a eliminación do modo “stand-by” dos dispositivos, a monitorización do consumo e o control dos aparellos eléctricos ou o uso de contadores intelixentes, que permitan unha xestión en tempo real da produción e demanda de electricidade. Un amplo catálogo de propostas que os gobernos e as grandes corporacións están a asumir ante os problemas existentes.

Para o ano 2050, o 85% da poboación mundial concentrarase nas cidades e polo tanto a aposta pola eficiencia enerxética vai medrando obrigadamemte. O tratado “20-20-20” promovido pola Unión Europea pretende que no 2020 haxa un 20% menos de gases de efecto invernadoiro e de gasto enerxético, e que nunha mesma porcentaxe se incremente o uso de enerxías renovables.

E.nova Enerxía é unha empresa comprometida co medio ambiente e coa sustentabilidade, dese xeito toda enerxía que comercializa ten certificado de orixe 100% renovable. Tamén co asesoramento continuo permite o aforro aos seus clientes. E.nova Enerxía é enerxía intelixente.”