SOBRE NÓS

Somos especialistas na comercialización de enerxía eléctrica renovable. En E.nova Enerxía ofrecemos aos nosos clientes transparencia absoluta na facturación, dando sempre o mellor prezo baixo unha atención directa e gratuíta. Os nosos contratos non teñen permanencia e o cambio de compañía realizase de xeito automático, garantindo en todo momento o subministro eléctrico. Ademais, na procura da mellora continua da eficiencia enerxética das empresas e organizacións, analizamos todas as potencialidades de aforro dos nosos clientes, para lles ofrecer unha serie de servizos dirixidos á redución do seu gasto enerxético.

Somos unha comercializadora eléctrica, con capital e asentamento galego, que prové de electricidade de orixe renovable e servizos enerxéticos intelixentes a empresas e organizacións. En base a un profundo coñecemento do sistema enerxético e a un asesoramento continuado aos nosos clientes, logramos optimizar os tres eixos do seu consumo e garantimos importantes aforros na súa factura enerxética.

Te llamamos?

Al enviar este formulario, confirmo que he leído, entiendo y acepto los términos de uso

Rúa Galeras nº13, Andar 1, oficina 5, Santiago de Compostela 15705 Galicia