DATOS IDENTIFICATIVOS: 

 

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico e as novidades introducidas polo Regulamento UE 2016/679 seguidamente reflíctense os seguintes datos:

A empresa titular do dominio web é INICIATIVA E.NOVA, S.L., con enderezo a estes efectos en R/ República Checa 40, C.P. 15707 Santiago de Compostela, con C.I.F: B70412473, e enderezo electrónico de contacto: info@enova-energia.com.

 

PROTECCIÓN DE DATOS: 

 

INICIATIVA E.NOVA, S.L., en adiante E.NOVA ENERXIA cumpre cas directrices da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Regulamento Europeo de Protección de Datos e normativa vixente. Do mesmo xeito vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario. Para esta fin, xunto a cada formulario de recollida de datos de carácter persoal, nos servizos que o usuario poida solicitar a E.NOVA ENERXIA, fará saber ó usuario da existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, informándoo da responsabilidade do ficheiro creado, o enderezo do responsábel, a posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación do tratamento e oposición, a finalidade do tratamento e as comunicacións de datos a terceiros no seu caso.

Ademais, E.NOVA ENERXIA informa que dá cumprimento á Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e solicitará o consentimento expreso dos usuarios ó tratamento do seu correo electrónico con fins comerciais en cada caso, uso de Cookies e do ficheiro de actividade. O fornecedor pola súa propia conta ou a dun terceiro contratado para a prestación de servizos de medición, poden empregar cookies cando un usuario navega polo sitio web. As cookies son ficheiros enviados ó navegador por medio dun servidor web ca finalidade de rexistrar as actividades do usuario durante o seu tempo de navegación. As cookies empregadas polo sitio web asócianse unicamente cun usuario anónimo e a súa computadora, non proporcionando por si propias os datos persoais do usuario. Mediante o uso das cookies resulta posíbel que o servidor onde se atopa o web, recoñeza o navegador web empregado polo usuario ca finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso aos usuarios que se rexistraran previamente, acceder ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a eles sen ter que se rexistraren en cada visita. Empréganse tamén para medir a audiencia e parámetros do tráfico, controlar o progreso e número de entradas. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para empregar o sitio web, non é preciso que o usuario permita a instalación das cookies enviadas polo sitio web, ou o terceiro que actúe no seu nome, sen prexuízo de que sexa necesario que o usuario comece unha sesión como tal en cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro ou 'login'. As cookies empregadas neste sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal ca única finalidade de faceren máis eficaz a súa transmisión ulterior. De ningún xeito se empregarán as cookies para recoller información de carácter persoal.

 

ENDEREZOS IP 

 

Os servidores do sitio web poderán detectar de xeito automático o enderezo IP e o nome de dominio empregados polo usuario. Un enderezo IP é un número asignado automaticamente a unha computadora cando esta se conecta a Internet. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor debidamente inscrito que permite o posterior procesamento dos datos ca fin de obter medicións unicamente estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servizos web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.

 

SEGURIDADE 

 

O sitio web emprega técnicas de seguridade da información xeralmente aceptadas na industria, tales como firewalls, procedementos de control de acceso e mecanismos criptográficos, todo co obxecto de evitar o acceso non autorizado aos datos. Para acadar esta fin, o usuario/cliente acepta expresamente que o fornecedor obteña datos para efectos da correspondente autenticación dos controis de acceso.

 

PRIVACIDADE DE MENORES DE IDADE

 

Seguindo as instrucións da AEPD, os menores de 14 anos non deberán ceder os seus datos persoais a E.NOVA ENERXIA, sen o previo consentimento dos seus pais ou titores. Coa publicación do RGPD, prevese a determinación da idade para consentir a cesión de datos persoais entre os 16 e 13 anos, cuestión que na actualidade se atopa por definir.

En caso de que E.NOVA ENERXIA detecte usuarios no web que puideran ser menores de 14 anos, reservase o dereito a lle solicitar unha copia do seu DNI, ou, no seu caso, a autorización dos seus pais ou titores, causando a súa baixa en caso de non acreditaren o cumprimento deste requirimento ou falta de resposta.

 

DEREITOS DOS CIDADÁNS

 

En todo momento o usuario web poderá modificar as súas preferencias de envíos comerciais, así como exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, potabilidade, limitación do tratamento e oposición previstos no Regulamento UE 2016/679, mediante unha comunicación escrita dirixida a INICIATIVA E.NOVA, S.L., ó enderezo postal de R/ República Checa 40, C.P. 15707 Santiago de Compostela ou vía email dirixido a info@enova-energia.com. En ámbolos dous casos, o usuario deberá acompañar unha copia do seu DNI, pasaporte ou semellante a efectos da súa correcta identificación.

Tamén, pode usar os modelos e formularios que para o exercicio destes dereitos pon á súa disposición o portal da AEPD.

E, se non desexa recibir comunicacións por correo electrónico pode exercer o seu dereito de supresión e oposición solicitando a súa baixa igualmente por correo ordinario ou electrónico, ademais de a través da ligazón que terá en cada correo electrónico que reciba de E.NOVA ENERXIA.

 

CESIONS DE DATOS:

 

E.NOVA ENERXIA informa aos usuarios do web que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiras persoas ou organizacións excepto cando a cesión de datos se atope amparada nunha obriga legal ou cando a prestación do servizo implique a necesidade dunha relación contractual con provedores de servizos encargados do tratamento. Neste último caso, só se levará a cabo a cesión de datos ó terceiro cando E.NOVA ENERXIA dispoña do consentimento expreso do usuario e manteña unha relación contractual co encargado do tratamento que garanta a súa confidencialidade e cumprimento.

E.NOVA ENERXIA prohibe expresamente ó usuario da web partillar, facilitar ou ceder datos de terceiros, que puidera obter do contacto, interacción ou realización de navegación ou consulta a través deste web, excepto se puidera acreditar a expresa autorización do usuario cuxos datos pretende ceder.

Lembramos aos usuarios do web que DATOS tamén abrangue a arquivos de imaxe de persoas. A imaxe persoal é un dato protexido pola normativa (Artigo 5.1 do Regulamento de desenvolvemento da LOPD). Xa que logo, ninguén poderá utilizala sen o consentimento expreso da persoa que aparece nela.

Te llamamos?

Al enviar este formulario, confirmo que he leído, entiendo y acepto los términos de uso

Rúa da República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
A Coruña